Debemos resaltar que o «Control parental» como lle chaman en windows, que ven integrado en Window$7, a diferenza do que viña no Window$ Vista, non ten filtro de contidos web, Micro$oft deixou esta funcionalidade a aplicativos de terceiros. Polo que o principal uso que ten esta ferramenta é (na nosa opinión):
* Controlar o horario de acceso a máquina.
* Controlar a categoría (nos recomendamos a http://www.pegi.info/es/index/[ PEGI] dos xogos que se executen no computador.
O resto de funcionalidades, debido a súa complexidade resulta inoperante para a maioría dos pais/educadores.


Xa que todo o proceso, como vimos recomendando insistentemente neste manual, baséase en que cada quen teña a súa propia conta de usuario co seu contrasinal, e en que SÓ os pais/responsables teñan acceso como '''Administrador''', imos a comezar pola creación das contas de usuario e seguiremos coa configuración dos flitros.


==Creación de contas de usuario==
Iniciamos a configuración indo ao '''Panel de control'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-1.png|240px|center]]

Imos a '''Contas de usuario e protección infantil'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-2.png|320px|center]]

Prememos en '''Crear una nueva cuenta'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-3.png|320px|center]]

Escribimos o '''nome''' do usuario e deixamoslle permisos de '''Usuario estándar'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-4.png|320px|center]]

Con isto xa quedou creada a conta.

Eliximos o usuario e imos configurarlle o contrasinal
:'''''Nota''': neste punto recomendamos que lle pidamos ao rapaz ou a rapaza que sexa el/a quen escolla e escriba o seu contrasinal e que non no la diga, para o que nos retiramos discretamente. Obviamente isto ten sentido en rapaces de certa idade.''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-5.png|320px|center]]

Prememos en '''Crear contrasinal'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-6.png|320px|center]]

Escribimos o contrasinal dúas veces.
:'''''Nota''': é moi importante que non fagamos un copiar e pegar, xa que este procedemento utilizase para comprobar que o contrasinal está bes escrito. De ter sido escrito de xeito incorrecto, só o Administrador poderá cambiala.

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-7.png|320px|center]]

En relación ao '''Indicio de contrasinal quero facer un par de consideracións:
:Supoñamos que empregamos como contrasinal algo do tipo: '''nome-do-meu-can-@-nome-da-miña-empresa'''<br />En indicio de contrasinal poñemos: '''nome can e empresa'''<br />Xa que o indicio é visibel por '''todos os usuarios''' canto tempo creedes que tardará un rapaz en atopala?
:Ou supoñamos que segundo o noso consello tendes os contrasinais agochados, por medio de esteganografía, no ficheiro '''gato-guapo.jpg'''.<br />Canto tempo creedes que tardará un rapaz en atopala?

Esta é unha desas cousas que en window$ se '''inventan''' para facernos a nós a vida máis sinxela, pero que pode volverse contra nós, polo que recomendo, xa que é un campo obligatorio, que escribamos nel calquera parvada.

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-7a.png|320px|center]]

==Configurar o «Control paterno»==
A seguir da anterior.

Prememos en '''Configurar Control paterno'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-8.png|320px|center]]

Eliximos o usuario a configurar

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-9.png|320px|center]]

Na parte superior '''Activamos''' o control paterno

E na inferior eliximos '''Límites de tempo'''

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-10.png|320px|center]]

Tal e como nos aparece o panel, está '''permitido''' todo o tempo

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-11.png|320px|center]]

Seleccionamos o horario a '''prohibir''' (podemos arrastrar o punteiro)

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-12.png|320px|center]]

Unha vez teñamos o mapa de tempo feito, prememos en '''Aceptar'''

{| align=center
|[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-13.png|320px|center]]
|[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-14.png|320px|center]]
|}

Se nos fixamos, agora os usuarios teñen unas anotacións
: Usuario estándar: Control paterno activado
:Protexido por contrasinal

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-15.png|320px|center]]

No proximo inicio, ou reinicio, a entrada será semellante a esto:
[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-16.png|320px|center]]

Se un usuario tenta acceder en horario non permitido sairalle esta mensaxe:

[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-16a.png|320px|center]]

Para facer modificacións posteriores accedemos a través do '''Panel de control''' e imos directamente a '''Configurar o Control paterno para todos os usuarios
[[Imagen:Win7-crea-usuario-CP-17.png|320px|center]]


==Ligazóns de interese==
*[http://www.configurarequipos.com/doc429.html Configurar el Control parental de Windows Vista.]

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Ferramentas de control paterno]]

--[[Usuario:Miguelbf|miguelbf]] 17:51 2 sep 2010 (UTC)
